Correspondencia de Manuel Vázquez Seijas con Ramón Otero Pedrayo

Acordanza: Ano Oteriano

50 anos do pasamento de Ramón Otero Pedrayo


Declarado o 2026 como o “Ano Ramón Otero Pedrayo” coincidindo co 50 aniversario do seu pasamento
(Ourense 05-03-1888 / 04-10-1976), o arquivo do Museo Provincial de Lugo rende unha pequena homenaxe a unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX.


Investigador, pensador, poeta e novelista, foi membro das Irmandades da Fala, participou activamente na revista Nós e no Seminario de Estudos Galegos, defendendo sempre a cultura, identidade e lingua galega.


No arquivo do MPL custódiase a correspondencia de Manuel Vázquez Seijas, director da entidade durante décadas.
Entre 1957 e 1964 mantivo intercambio epistolar con Ramón Otero Pedrayo, relacionado coa conferencia que impartiu no museo o 30 de marzo de 1960.


A Xunta do MPL e a Deputación Provincial de Lugo convidárono para impartir unha conferencia titulada:

“Temas y aspectos de la emigración gallega en Argentina”


1959



Carta de R. Otero Pedrayo aceptando a invitación para dar unha charla no salón do MPL.
Sig. AMPL 15-5.3 D.72/2


1960



Carta de Manuel Vázquez Seijas a Ramón Otero Pedrayo onde se decide o tema da conferencia.
Sig. AMPL 15-5.3 D.72/5




Carta de R. Otero Pedrayo a Manuel Vázquez Seijas confirmando a data da conferencia.
Sig. AMPL 15-5.3 D.72/8



Invitación e recortes de prensa